Cangas non terá este ano Salón do Cómic

O encontro celebraría a súa décimo cuarta edición este verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cangas non terá este ano Salón do Cómic

Xunto con Viñetas desde o Atlántico (A Coruña) e as Xornadas de BD (Ourense), o Salón de Cómic de Cangas era o encontro máis destacado do sector. Sen embargo, este ano non estará fiel á súa cita. O concelleiro de Xuventude, Óscar Graña García, explicou a Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia que foi a “falta de financiamento e de tempo” o que motivou que se suspenda este encontro. O feito garda certas similitudes co acontecido en Arteixo, que suprimiu en 2008 un certame cunhas características semellantes (iniciativa dun concello mediano, cun bo cartel, con repercusión para o sector e cunha traxectoria máis que consolidada) cando levaba 12 edicións. Como aconteceu co de Arteixo, desde o concello de Cangas anunciaron que existe a posibilidade de que se retome para final de ano. Desde a oposición (PP) xa pediron a demisión do edil pola "súa falta de capacidade para xestionar".

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Arteixo, Xuventude, Viñetas desde o Atlántico...