O concello de Cangas rectifica e adía a outubro o salón de banda deseñada

Inicialmente suspenderan a cita por problemas económicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O concello de Cangas rectifica e adía a outubro o salón de banda deseñada

Malia que inicialmente se cancelara o encontro, ao final a 14 edición do Salón do Cómic de Cangas terá lugar, pero no mes de outubro. Será do 23 ao 30 cando se celebre este encontro que xa ten aberto o prazo de presentación de traballos do habitual certame. Nesta ocasión haberá tres categorías: de 18 a 35 anos (con tres premios de 300, 200 e 100 euros), de 14 a 17 (con premios de 100, 50 e un lote de libros) e o viñeta Xove para menores de 14 anos (premio único dun lote de libros). Os traballos deberán estar en galego e tanto o tema como a técnica é libre.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Concello de Cangas, Cómic

Claves

Entidades
Lugares