Pablo Álvarez Rosendo gaña o certame de BD de Cangas

Unha exposición recolle os traballos premiados no Auditorio Municipal

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:

O sábado botaba o fecho o XIV Salón do Cómic de Cangas. Con esta ocasión, realizouse a entrega de premios do certame correspondente. Desta volta, o vencedor foi Pablo Álvarez Rosendo, que levou os 300 euros da categoría para maiores de idade. Canda a el, neste tramo resultou segundo Daniel Iglesias Padrón e terceira Laura Viéitez Comesaña. Entre 14 e 17 anos impúxose Juan Molina Fernández, mentres en Viñeta Xove, o premio foi para Marcos García López, cun accésit para Miguel Collazo del Río. O xurado destacou a alta calidade dos traballos presentados. Unha exposición no Auditorio de Cangas recolle as obras premiadas.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Cómic, Padrón

Claves

Conceptos
Lugares