Susana Broullón gaña o certame de cómic de Cangas

Javier G. Monsalvett levou o premio noutras linguas e Miguel Collazo o Viñeta xove

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Susana Broullón gaña o certame de cómic de Cangas

Rec unha historia narrada con cámara subxectiva é o traballo que lle valeu a Susana Broullón os 400 euros do XI Certame de Cómic de Cangas. Canda a ela, que xa fora galardoada en anteriores edicións do certame, Xabier Benítez fíxose co segundo premio e Laura Comesaña quedou terceira. O premio para obras en linguas distintas do galego levouno Javier G. Monsalvett coa obra El hombre que plantó un muro. Pola súa banda Miguel Collazo, de oito anos, impúxose na categoría Viñeta Xove con O Mamarracho

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Cangas, Lingua galega

Claves

Lugares