Unha BD sobre o heavy leva o primeiro premio de Cangas

O autor catalán Ernest Sala impúxose no X Certame da vila mariñeira

The Metal é o título da historia de catro páxinas coa que o catalán Ernest Sala levou o primeiro premio do X Certame de Cómic de Cangas. A obra, centrada no mundo do heavy, valeulle ao autor o premio de 400 euros e mais a publicación historia. Susana Broullón quedou no segundo posto na mesma categoría, para maiores de idade, coa obra Wonderfood World que lle reportou 300 euros. Finalmente, David Braña e Juan Antonio Martínez, de Ciudad Real, asinan respectivamente guión e lapis de A Marea obra que obtivo o terceiro posto. Na categoría de entre 14 e 17 anos, foi Miriam Curra quen levou o premio de 120 euros con Neutrón vs. Protón, mentres o galardón Viñeta Xoven foi para Brais Barreiros, de doce anos, por As aventuras do armadillo.