Xulia Pisón leva o premio Xuventude Crea de BD

Inés Vázquez Ramallal e Daniel Corrada obtiveron o segundo e o terceiro posto

12/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
42 lecturas | Compartido 0 veces

Ata o derradeiro alento é o título da obra coa que Xulia Pisón acaba de gañar o premio Xuventude Crea na categoría de Banda Deseñada. O galardón, dotado con 3.000 euros de premios, recoñece traballos orixinais e inéditos cunha extensión mínima de dez páxinas e de autores de ata 30 anos de idade. Canda a ela, Inés Vázquez Ramallal obtivo os 1.500 euros do segundo premio con Eulalia e o bosque dos aparecidos, mentres Daniel Corrada quedou terceiro con Tódalas bruxas son malas, polo que recibirá 1.000 euros.

O xurado do certame estivo presidido por José Selas Souto, xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense, con Natalia Figueiras Pimentel, Jorge Campos Sánchez, Luchy Polo, María Rosa González Iglesias e María Pinal Trashorras como vocais e María Mercedes Valeiras González a actuar como secretaria.


Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Banda deseñada, Jorge Campos, Ourense

Claves

Protagonistas
Lugares