Brais Rodríguez faise co VIII Certame de Cómic de Cangas, que contou con setenta obras presentadas

Os de Cangas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xa se coñecen os gañadores do Certame de Cómic que convoca anualmente o Concello de Cangas. Nesta oitava edición o boirense Brais Rodríguez fíxose co primeiro premio na categoría de adultos, seguido polo dúo Álvaro López e Luís Sendón, e indo o terceiro premio para Diego Rodríguez. Na categoría de entre 14 e 17 anos fíxose co galardón Daniel Rodríguez Palacios, de Ferrol, e o cangués Juan Molina Fernández fíxose co galardón Viñeta Xove. En total foron setenta os traballos que se presentaron, na súa maior parte da propia comarca do Morrazo.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brais Rodríguez, Cómic, Álvaro López, La Voz de Galicia...