Chega unha nova edición do certame de BD de Cangas mentres o Centro Veciñal de Valladares inaugura o seu

Alerta: Certames

28/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Xa está aberto o prazo para presentar traballos ao X Certame de Cómic de Cangas. Un primeiro premio de 400 euros para a categoría de adultos, outro de 120 para autores de entre 14 e 17 anos e un máis de 100 para o Premio Viñeta Xove compoñen os galardóns principais desta proposta, destinada a historias dun máximo de catro páxinas. O prazo está aberto ata o vindeiro 21 de xuño. De xeito paralelo, o Centro veciñal e Cultural de Valladares, en Vigo, convocava a pasada semana o seu primeiro certame de BD. Dúas categorías, ata os trece anos e entre catorce e trinta e cinco, e premios á mellor obra, a máis artística, ao mellor manga, ao máis humorístico e ao máis educativo son as principais características da convocatoria. O prazo para se presentar é ata o vindeiro trinta de abril.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Cómic, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares