Arteixo acolle a X Semana da Banda Deseñada e da Animación e convoca unha nova edición do seu certame

Un dez en Arteixo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Entre o oito e o catorce de abril os afeccionados teñen unha cita en Arteixo no marco da X Semana da Banda Deseñada e da Animación. O encontro que organiza anualmente o concello achega a exposición "O mundo do cómic", que reúne traballos de cinco continentes canda a unha mostra cos traballos que se presentan ao certame e outra con fanzines. Ademais, poderán verse proxeccións de diferentes filmes de animación galegos. Pola banda do certame, o evento repartirá tres mil euros en premios entre catro categorías, nas que se inclúen pola primeira vez os autores de BD que superan os trinta anos.

Máis información no web do Concello de Arteixo

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Banda deseñada, Cómic, Concello de Arteixo...