Cangas adía ata o 2012 a celebración da 15 edición do Salón de Cómic

Hoxe comeza unha cita alternativa organizada por mozos da localidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cangas adía ata o 2012 a celebración da 15 edición do Salón de Cómic

Era unha das citas clásicas da Banda Deseñada Galega con 14 edicións ás súas costas. O ano pasado o concello xa ameazara coa supresión do Salón do Cómic, aínda que finalmente só houbo un adiamento no calendario. Agora, o cambio electoral impediulle ao concello organizar a edición de 2011 por iso xa teñen os ollos postos no 2012. Segundo confirmaron desde a oficina de Xuventude do Concello de Cangas, están a traballar para a 15 edición que será en xullo e terá a duración habitual dunha semana. Ao mesmo tempo, de xeito paralelo, uns mozos da localidade organizaron o primeiroSalón BD Cangas que contará con obradoiros, proxeccións de filmes, unha exposición a cargo de obras e María Vilar e un faladoiro con Kiko Dasilva.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Banda deseñada, Xuventude, Concello de Cangas

Claves

Entidades
Lugares