Queremos galego estima en cinco millóns de euros as accións da Xunta contra o idioma

Educación prescindirá de 190.000 libros para adaptalos á nova norma

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

A consulta sobre o idioma, a redenominación das escolas infantís (antes galescolas e agora Galiñas Azuis), a campaña para informar do decreto do galego máis a adaptación dos materiais de estudo a esta norma suman preto de cinco millóns de euros. A plataforma Queremos Galego deu a coñecer través do seu voceiro, Carlos Callón, a cifra dos cartos que o a Xunta leva gastados en “reducir a presenza do galego”. Ademais do custe económico, Callón asegura que Educación prescindirá de 190.000 libros de texto “que a penas teñen dous anos” para adaptalos ao novo marco normativo. Queremos Galego aproveitou para anunciar unha campaña para que os pais esixan a Educación as medidas “para que os seus fillos aprendan en galego”.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Escolas, Carlos Callón, Lingua galega...