O Senado rexeita que o Goberno Central se implique economicamente na Cidade da Cultura

O proxecto iniciouse hai once anos nos que se triplicou o orzamento inicial

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

Alegando que non é un proxecto para os galegos senón que é un proxecto de Estado, o Partido Popular presentou unha moción na comisión de Cultura do Senado para que o Goberno se implicara financeiramente na Cidade da Cultura. Sen embargo, socialistas rexeitaron a moción (despois de tres votacións) alegando “austeridade”. O complexo do Monte Gaiás iniciouse hai once anos co fallo dun concurso de méritos para elexir ao arquitecto encargado do proxecto, ao que lle seguiron nove anos de obras que triplicaron os 108 millóns de presuposto inicial (os contratos liquidados, executados ou licitados suman 330 millóns de euros).

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Partido Popular, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia