O Gaiás terá un orzamento de preto de 62 millóns no ano no que se abre ao público

Dosier: as contas da Cidade da Cultura

O ano 2009 marcará un fito na Cidade da Cultura. Principalmente porque o complexo do Monte Gaiás abrirase parcialmente ao público tal e como ten anunciado a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, nalgunha comparecencia. E para este ano contará cun orzamento de 61.81 millóns de euros. Moi lonxe queda o orzamento de 24.88 millóns que o complexo tiña para o ano 2002. Analizamos neste dosier algunhas das cifras que se teñen publicado para o proxecto.

Sae a concurso unha serie de licitacións do complexo, entre elas a realización dunha produción audiovisual divulgativa por 100.000 euros
A Fundación Cidade da Cultura licita a xestión das súas instalacións e un vídeo promocional

Ánxela Bugallo anuncia unha inauguración “rompedora” e con repercusión internacional
Cultura anuncia unha marca comercial para os produtos culturais galegos e a inauguración da Cidade da Cultura para 2009


A entidade, complementaria da Fundación Cidade da Cultura, contará con 25 millóns de euros
Unha nova fundación xestionará parte da Cidade da Cultura


A ampliación do Museo de Historia suporá un incremento de 7 millóns de euros
A Xunta amplía un centro da Cidade da Cultura para aumentar o espazo expositivo

A fiscalía considera que existen “indicios de posibles responsabilidades contables”
O Tribunal de Contas solicita a apertura dun proceso para verificar o desfase do Gaiás