Cultura confía que o ministerio cumpla coas transferencias a que prometeu Zapatero

Chegar á CdC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Imos sabendo aos poucos algunhas das iniciativas e propostas que teñen que ver coa Cidade da Cultura. A conselleira responsable, Ánxela Bugallo, avanzaba esta fin de semana que parte do complexo do monte Gaiás abrirá ao público antes do fin da lexislatura. Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, anunciou que técnicos da UNESCO virán á capital para analizar a viabilidade patrimonial dun teleférico que una Compostela coa Cidade da Cultura. Para rematar, Ánxela Bugallo afirmou na Radio Galega esta fin de semana que espera que o ministro homónimo, César Antonio Molina, cumpra as promesas de Zapatero de transferir a Galicia arquivos e museos.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, César Antonio Molina, Museos, UNESCO...