Ponse á venda o mosteiro ourensá de Montederramo

O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 1959

14/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Trátase dunha oferta inmobiliaria un tanto particular. Catrocentos metros de uso industrial en pranta baixa e vivenda no primeiro andar. Non chamaría especial atención senón fose porque se trata do Mosteiro de Santa María de Montederramo (Ourense), catalogado como Ben de Interese Cultural en 1959. Segundo publica hoxe Faro de Vigo, a Xunta non estivo interesada en mercalo e agora a familia busca comprador no mercado nacional, internacional e nas cadeas hoteleiras. Fundado no século X, foi un dos mosteiros de maior poderío económico e social ata desamortización, cando pasou a mans dos seus actuais propietarios.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Faro de Vigo, Ourense, Vigo

Claves

Entidades
Lugares