A retirada do apoio económico da Consellaría de Cultura impedirá que este verán se desenvolva a terceira campaña arqueolóxica en Socastro, Rois. A Fundación Propatrimonio desta localidade, responsable da investigación, denunciaba onte que a Xunta non asinará este ano o xa habitual convenio de colaboración por falta de fondos. Agora, os responsables de Propatrimonio buscan o xeito de reunir 30.000 euros para poder continuar coa súa actividade e manter, canda á excavación, o campamento internacional para este verán.
A excavación de Socastro corre perigo por falta de fondos
A Fundación Propatrimonio de Rois precisa 30.000 euros para continuar as súas actividades
16 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Lugares

