A Fundación Propatrimonio de Rois consegue financiamento privado para escavar en Socastro

Non acadaran financiamento público para a nova campaña arqueolóxica

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Serán iberdrola e Beirasar de Xestión as dúas entidades privadas que financien, canda a Dirección Xeral de Xuventude, a campaña de escavación no castro de Socastro (Herbogo, Rois). A Dirección Xeral de Patrimonio non concedeu as axudas para esta campaña anual e a xerente da Fundación, Nina Alvela, viuse abocada a conseguir diñeiro privado para poder continuar cos traballos. Este ano manterase todo o programa de actividades (escavación arqueolóxica, obradoiros, inventariado do patrimonio de Rois). A escavación de anos anteriores permitiu datar cronoloxicamente o castro arredor do século I.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rois, Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, Dirección Xeral de Patrimonio