ParecÃa unha campaña arqueolóxica máis, pero a escavación do Monte do Castro, en Ribadumia (Pontevedra), está a revelar un riquÃsimo patrimonio arqueolóxico soterrado que ten sorprendido e intrigado ao equipo de investigación. Detrás desta historia pode haber un drama humano na época da conquista romana de Galicia.
O Monte do Castro parecÃa un castro máis, só que con fortes danos derivados do seu uso industrial. “O 30% do recinto, na súa croa, está afectado por canteiras”, asegura Rafael RodrÃguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra e director da escavación deste sitio arqueolóxico da Idade do Ferro ubicado en Ribadumia. Estas canteiras, activas desde o século XIX, devoraron valiosas partes da croa, incluÃdo un misterioso penedo no alto do castro, que aÃnda lembran os veciños, con cinco escalóns labrados na rocha que ascendÃan ata unha gran pÃa orientada cara o Oeste. O Monte do Castro ocupa ao redor de cinco hectáreas de terreo, distribuÃdas en catro terrazas diferentes, unha das cales está fóra das murallas.
Sen embargo, os resultados das escavacións están a sorprender ao equipo arqueolóxico que a Deputación de Pontevedra destinou neste sitio arqueolóxico dentro do Proxecto Pousadas, co que quere crear unha rede patrimonial e turÃstica no Salnés e no litoral pontevedrés. O equipo de investigación estimaba atopar un poboado que ofrecera un punto de transición cultural entre os castros do interior e os da franxa litoral: dispuñan dos datos de escavacións previas en dous poboados próximos, de terra adentro e da costa, respectivamente: CastrolandÃn (Cuntis) e A Lanzada (Sanxenxo), e agardaban atopar algo intermedio.
“As expectativas cumprÃronse neste sentido”, asegura RodrÃguez, “e pódese observar nos achados de cerámica. Mentres que os cacharros localizados son, na súa forma, tÃpicos do interior, a decoración das pezas de borde aristado é tÃpica da franxa costeira das RÃas Baixas”. A terraza escavada é como un mostra da cultura material dos galaicos: hai desde un obradoiro metalúrxico ata unha gran casa rectangular e unha casa-patio cun gran edificio de almacenaxe presidida por unhas escadas monumentais e na que se atopou un curioso amarradoiro con forma de cola de cabalo. “Esta casa-patio revela o importante proceso de xerarquización social que se dá en Galicia a finais da Idade do Ferro”. O chamativo é que a estrutura da casa lembra moito ás distantes casas-patio localizadas no interior de Galicia, coma no gran castro de San Cibrán de Lás.
Un gran incendio
Pero o castro comezou a amosar algo máis que intrigou aos investigadores. AÃnda que na primeira fase de escavación non se advertira tan claramente, a segunda campaña, en curso agora mesmo, revelou un incendio de enormes proporcións que colapsou practicamente toda a terraza que está a escavar o equipo. “É moi habitual atopar incendios nos castros”, indica Rafael RodrÃguez, “polo feito da propia feitura das cabanas, os teitos de palla,etc., pero o habitual é que reconstrúan as casas por riba do nivel de incendio”. No Monte do Castro pasou algo diferente. O incendio, de gran potencia, arrasou a terraza e rematou para sempre coa ocupación, cando menos, deste sector do castro xa escavado. A cronoloxÃa está tamén moi clara: o incendio produciuse a mediados do século I d.C. Pódese determinar pola presenza de ánforas Halltern 70, o soporte estándar da época para o comercio entre Galicia e o Mediterráneo e, de xeito moi preciso, pola aparición dunha moeda da época do emperador Octavio Augusto, responsable das campañas militares finais que someteron aos pobos do noroeste da PenÃnsula Ibérica.
O problema é que o castro está cheo de evidencias que indican que o abandono do poboado non foi gradual, nin moito menos. Numerosos cacharros cerámicos foron atopados in situ, enteiros, no lugar mesmo no que foron deixados nun dÃa de vida cotiá.
“O incendio é algo que nos sorprendeu”, di Rafael RodrÃguez, “o máis chamativo, por exemplo, é a concentración de muÃños crebados ou enteiros que apareceron nunha das cabanas. Están alà tal cal. Ou o cacharro enteiro que aparece no interior dunha casa patio, ou a dolia de almacenaxe que aparece tamén onde ten que estar”. Nas últimas semanas, abrindo parte do sector da muralla do castro, os investigadores tamén atoparon outro cacharro que fora aplastado por un derrubo da muralla. Os muros das casas, ao caeren durante o incendio ou posteriormente, escacharon os cacharros que ficaron no sitio no que se abandonaran, no lugar onde estaban habitualmente na vida cotiá do castro. “Todo parece indicar”, sinala Rafael RodrÃguez, “que este incendio foi intencionado”.
Hai outro indicio intrigante. No medio dos derrubos de algunhas das paredes das casas aparecÃan pedras dun tamaño superior ao necesario para os muros. Rafael RodrÃguez vai pedindo ao equipo que non as retiren para ver a composición xeral. Preguntámoslle por que. “Non o sei”, encóllese de ombreiros, “pero é estraño”.
As xoias
Se a ubicación orixinal da cerámica estrañou aos investigadores, aÃnda o fixo máis as elevadas proporcións de xoias e adornos localizados nun tramo de non moi grandes dimensións. Repartidas pola terraza atoparon xa 18 fÃbulas –prestixiosos prendedoiros de capas- de tradición galaica e transmontana. Moitas delas aparecen no interior das casas. “É moi difÃcil que queden tantas fÃbulas dentro das casas se non é un abandono repentino”, concreta RodrÃguez. A isto se lle suman que nestes momentos xa apareceron cinco aneis galaicos estrados pola terraza, un deles cun fermoso fÃo de bronce ao redor, e un fermoso colgante cunha pedra negra engarzada, posiblemente cuarcita. Esta densidade de achados de decoración persoal é absolutamente inusual nas escavacións dos castros onde, como en calquera lugar, os bens preciosos levábanse con un cando se marchaba dun lugar. O problema é que aquà non só non os levaron con eles, senón que non volveron recollelos despois do incendio.
AÃnda que a maior parte destes achados teñen que ver coa última época do castro, o século I d.C., tamén aparecen outros obxectos tan fermosos como intrigantes. É o caso dunha machada de cubo propia da Idade do Bronce. AÃnda que a ocupación do castro, polo momento, parece iniciarse con cabanas de palla-barro no século IV a.C., foi nese nivel onde o equipo, nunha zona que os habitantes do castro remodelaron posteriormente, localizou ese machado. O que pasa é que a peza ten unha cronoloxÃa moi anterior ao propio sitio arqueolóxico: do século IX-VII a.C., case cincocentos antes do localizado ata agora. “Puido ser unha reliquia”, sinala RodrÃguez. Con todo, a presenza destas “reliquias” soterradas baixo as casas castrexas é un fenómeno relativamente habitual dentro da cultura galaica.
Unha arma lexionaria
Pero a sorpresa do equipo –e da escavación ata o momento- foi maiúscula cando no interior dunha gran casa moi rectangular apareceu unha dolabra. Trátase dunha arma do exército romano na época de Augusto, empregada como instrumento multifuncional que tanto valÃa para establecer combate como para outras funcionalidades do exército. Aparecen con frecuencia, por exemplo, nos sitios arqueolóxicos das loitas entre romanos e xermanos ao redor do Rhin. A dolabra, en bo estado de conservación, localizouse no interior desta gran casa, por baixo do derrubo, e en posición diagonal con respecto ao chan: a súa cronoloxÃa está claramente vinculada ao horizonte temporal do final do castro. Ao fondo e no interior desa gran cabana, os arqueólogos localizaron dúas fÃbulas.
Pode non ser o único elemento vinculado aos lexionarios que atopou por agora o equipo. AÃnda en fase de estudo e sen unha adscrición cultural tan clara como no caso da dolabra, están a analizar unhas pinzas que non son de tradición castrexa e que tamén apareceron na terraza. Por regulamento, os soldados romanos debÃan levar pinzas como estas no seu equipamento militar.
O futuro do pasado
Mentres o equipo traballa na consolidación dos restos e na ampliación desta terraza, Rafael RodrÃguez xa pensa en abrir novas catas no alto da croa do castro, aló onde o parapeto se conserva en mellor estado, e ver como se corresponde cos achados de embaixo. AÃnda que é cedo para saber que aconteceu no Monte do Castro de Ribadumia, a cantidade de achados é tal que a hipótese que manexan os investigadores é un final violento, cando menos desta terraza do castro. Non é doado, polo momento, saber quen foi o responsable da desfeita. A aparición dunha arma regulamentaria lexionaria, posiblemente a primeira localizada nun castro de Galicia, canda outro posible instrumento lexionario, pode ser un indicio importante para saber quen foron os responsables do incendio, pero a súa presenza na cabana máis grande da terraza tamén poderÃa ter outras explicacións non necesariamente bélicas; por agora o castro é un puzzle fascinante no que aÃnda faltan moitas pezas. Se cadra, o máis desacougante é a abundante presenza de xoias persoais -18 fÃbulas, 5 aneis, un colgante- estrados por unha pequena superficie de terreo. Hai que ter en conta que a elevada acidez do chan devora todo resto orgánico.
A única solución para resolver esta intriga é continuar escavando, e agardar que a barbarie destrutora das canteiras dos anos 80, non fixera desaparecer a solución deste apaixoante episodio da nosa Historia para sempre.

Os achados do Monte do Castro
Unha casa-patio. As escaleiras permiten acceder ao almacén.