Villares quere potenciar as áreas de xestión e planificación no CCG

Na comparecencia parlamentaria previa ao seu nomeamento como presidente do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

De acordo coa lei de transparencia e boas prácticas da administración pública galega, Villares compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta das liñas básicas do traballo no CCG e para os vindeiros catro anos. Villares enfatizou as tarefas de xestión e planificación cultural e a conveniencia de introducir criterios de avaliación por obxectivos e resultados nas políticas culturais. Villares tamén valorou a acción exterior do CCG levaba ao cabo durante os últimos catro anos. Durante a quenda de réplicas aos grupos parlamentarios, Villares valorou a independencia do CCG e afirmou que en materia lingüística "continuaría a súa liña de prudencia e firmeza".

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Parlamento de Galicia, Consello da Cultura Galega