Abre en Ferrol a sala Super 8

O espazo nace só unha semana despois do feche de Run Rum

2/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: música
20 lecturas | Compartido 0 veces
Muda o panorama das salas de concertos en Ferrol. Se o pasado día 29 fechaba Run Rum, logo de tres anos en marcha, o vindeiro venres 4 de xuño inaugúrase un novo espazo para música, proxeccións e actividades culturais en xeral. A sala Super 8, no número 223 da Rúa Real, arrinca a temporada de concertos cos berlineses The Magnificent Brotherhood o sábado día 5.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves