A sala La Room incrementa desde hoxe a oferta cultural en Ferrol

Ofrecerá programación de música en directo xa esta fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A sala La Room incrementa desde hoxe a oferta cultural en Ferrol

Desde hoxe a cidade de Ferrol conta cun novo espazo privado para oferta musical e cultural en xeral. Ás 21 horas fará apertura a sala e café-concerto La Room, no número 142 da rúa do Sol, da cidade departamental. A sala nace para ofrecer unha programación continuada de música e estará tamén aberta a acoller outros tipos de actividades culturais, como teatro, danza, maxia, obradoiros infantís e actividades en horario matutino, incluso. O local estará dispoñible tamén para actividades de asociacións culturais. Á fronte deste proxecto están Pablo Romero "Occy" (Pub Indie) e Maximino López (Run Run Axencia), dous homes con experiencia no sector hosteleiro e cultural que veñen de crear unha nova empresa de produción de eventos lúdico culturais (Laroom SL). A primeira ocupación do escenario da sala terá lugar hoxe mesmo co concerto dúo D´Punto Acustic Rock e mañá ás 23 horas estarán Hilda Rock & Álvaro Lamas. A entrada é de balde. Xa hai conformada unha programación para vindeiras datas de decembro.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Rock, Danza, Asociacións...

Claves

Lugares