Transformar a Illa de San Simón nun "centro cultural de calidade e con proxección internacional" é, segundo Roberto Varela, o obxectivo da ConsellarÃa de Cultura co novo plan que acaban de presentar para este espazo. O patrimonio, as industrias culturais ou os encontros de creación e de formación son algúns dos eixes cos que a Xunta quere dinamizar este espazo, para o que anuncia unha nova rehabilitación. Entre as instalacións que acollerá a illa están os futuros Arquivo Virtual da Memoria de San Simón e un Museo Virtual da Emigración. Ao longo deste ano celebraranse concertos do ciclo Espazos Sonoros e Sinsal, entre outras propostas. Cultura anuncia tamén que todas as actividades realizadas no lugar se transmitirán por Internet, indicando que quere facer do lugar "un gran laboratorio de ideas con proxección globalizadora, vocación multidisciplinar e unha nova identidade liderada polo pensamento creativo a través das novas tecnoloxÃas que permiten superar os contornos fÃsicos para chegar a outros novos".