A Casa das Ciencias celebra con música os seus 25 anos

Desde a súa apertura rexistrou 3.2 millóns de visitantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A festa arrinca o sábado cunha proxección do Planetario acompañada da música de Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández. Despois, unha sesión astronómica que dará paso a toda unha semana de concertos, conferencias, presentacións e encontros. Con estas actividades, a Casa das Ciencias da Coruña celebra os seus vinte e cinco anos de historia. Un período polo que máis de tres millóns de visitantes achegáronse ao mundo científico dun xeito lúdico e entretido.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabier Díaz, Guadi Galego

Claves

Protagonistas