Ponteceso celebra os trinta anos do seu Festiletras

O Couto acolle unha trintena de actividades entre o 16 e o 20 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Logo do 30 Festiletras

Logo do 30 Festiletras

Festiletras, o festival literario que cada ano se celebra no Couto (Ponteceso) arredor do Día das Letras chega ao seu 30 aniversario. E faino cun programa que se prolongará desde o día 16 ao 20 deste mes e que inclúe máis de trinta actos entre concertos, actuacións teatrais, presentacións literarias, maxia ou contacontos. Kepa Junkera, Guadi Galego e Xabier Díaz,La Troba Kung-Fú, Xosé Neira Vilas, Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín ou Cándido Pazó son algúns dos nomes que participarán no evento, que contará tamén cunha feira de artesanía e outra do libro.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteceso, Xosé Neira Vilas, Quico Cadaval, Xabier Díaz...