aCadaCanto presenta o seu disco

O proxecto reúne a Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero

9/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de aCadaCanto

Para mediados deste mes está previsto que chegue ás tendas aCadaCanto, o novo proxecto musical que aúne o talento de Guadi Galego e Xabier Díaz (voz), Guillerme Fernández (guitarra) e Xosé Lois Romero (acordeón). O proxecto presenta trece temas, na súa maior parte orixinais, que se combinan con pegadas da música tradicional. Os dous primeiros singles do disco, Teu nome por mar e terra e Desafío están dispoñibles na rede. O disco está editado baixo o selo Músicas de Salitre.

O proxecto preséntase como unha iniciativa puntual, “trátase dun proxecto efémero, somos conscientes de que a nosa colaboración se limitará no tempo polos nosos outros traballos. Tocaremos en directo, faremos xira por teatros pero chegará un día no que nos despidamos para, quen sabe, quizais nalgún momento volver a atoparnos", lembran os compoñentes na presentación da iniciativa.

Os primeiros concertos de presentación serán o 8 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e mais o 13 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Xabier Díaz, Teatro...