Zumaque e mais Xosé Lois Romero e Aliboria acaparan candidaturas nos XX Premios Opinión

Xabier Díaz e Adufeiras optan a tres dos galardóns de música de raíz

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O xornal La Opinión daba a coñecer este 28 de febreiro a listaxe de finalistas á XX edición dos Premios Opinión de Música de Raíz. As bandas Zumaque e mais o proxecto Xosé Lois Romero e Aliboria encabezan as candidaturas, ao estar presentes nas catro candidaturas de que constan os galardóns, as de tema orixinal,mellor adaptación dun tema tradicional, mellor disco e mellor artista, no que compiten respectivamente Pablo Pascual e Xosé Lois Romero. Séguenos Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que optan a tres galardóns ao non ter no seu último traballo temas orixinais.

Fan tamén parte das candidaturas a cantautora MJ Pérez e banda de fusión Néboa, que aspiran ao mellor tema orixinal por Vai Embora! e Coidar dunhas colmeas e que abren o abano sonoro dos galardóns. Susana Seivane aparece como a outra posible mellor artista mentres Carmen Penim pode levar o recoñecemento á mellor adaptación pola súa versión de Aí vén o barco do mare. Finalmente, a banda 3 Pesos sitúa o seu álbum de debut De cando os animais cantaban nas candidaturas a mellor disco de 2020 e completa a listaxe.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Lois Romero, Xabier Díaz, La Opinión, MJ Pérez...