O xornal La Opinión publicaba na mañá deste 6 de marzo a listaxe de finalistas para XIX edición dos Premios Opinión de Música de RaÃz. Na listaxe destaca a presenza de Germán DÃaz, que está presente nas catro categorÃas dos galardóns. O zanfonista, para alén de optar ao premio ao mellor intérprete, aspira ao de mellor disco polo Trece cancións bonitas que gravou con Benxa Otero, e onde se atopan tanto Es un sombrero, aspirante a mellor tema orixinal, como Alalá de MuxÃa, candidata á mellor adaptación dunha peza tradicional.
O trio Tanxugueiras son as outras favoritas desta xeira. O seu álbum Contrapunto aspira ao tÃtulo de mellor álbum, e fican finalistas nas categorÃas de mellor tema orixinal con Maltraer e de mellor adaptación con Desposorio. O pianista Brais González acumula dúas candidaturas, unha en solitario a mellor intérprete e outra na mellor peza adaptada pola Xota do Norte que asina con Nelson Quinteiro. Iván, de Fiandola, é a última peza en liza por esta categorÃa.
Ao cabo LeirÃn de Faia e mais Umami de Entre Trastes completan as candidaturas ao mellor álbum. O grupo aspira tamén ao galardón ao tema orixinal por Candolla, mentres na competición a mellor intérprete compiten tamén Xurxo Iglesias e Xoán Curiel. Teste que levantar de Zoelas, aspirante a mellor canción orixinal, completa a listaxe de finalistas.