Guadi Galego aparece como favorita nos Premios Opinión

Trim, Germán Díaz e Magín Blanco compiten en cadansúas dúas categorías

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cunha candidatura en cada unha das tres categorías do certame, Guadi Galego e o seu Lúas de agosto aparecen como favoritas nos Premios Opinión de Música de Raíz. A XIV edición destes galardóns amosa unha importante concentración de nomeados, xa que outros tres artistas compiten en cadansúas dúas categorías. Trim, o proxecto de Luís Peixoto e Fernando Barroso aspira aos premios a mellor tema orixinal e mellor disco, mentres Germán Díaz e o seu Método Cardiofónico e Magín Blanco con Gatuxo enfróntanse polo galardón a mellor artista e mellor disco. Precisamente é a primeira vez que un disco de música para os máis novos, como é o de Blanco, aparece na listaxe de candidatos á mellor obra do ano.

Pablo Rial completa a lista de aspirantes a mellor artista co seu traballo á fronte do Coro Tradicional Cantares do Brión, mentres nos candidatos ao mellor tema atopamos Meniña de auga de Lulavai e mais Confuxon de Anxo Lorenzo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guadi Galego, Germán Díaz, Magín Blanco, Anxo Lorenzo...