Remata o Día das Letras máis reivindicativo

A Academia e a manifestación de Compostela reclaman un maior apoio ao galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Entre 20.000 e 100.000 persoas, segundo as fontes, concentráronse na xornada de onte en Compostela para reclamar o dereito a vivir en galego convocados pola plataforma Queremos Galego. Para alén de Compostela, tamén O Courel foi escenario de reclamacións lingüísticas. A delegación da Real Academia Galega presente no acto de homenaxe a Uxío Novoneyra tamén incidiu na defensa da nosa lingua, e o propio presidente da institución, Méndez Ferrín, sinalou que "o galego é irrenunciable e ningún designio hóstil prevalecerá ante el". Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciou o seu compromiso en acadar un grande pacto pola lingua baseado na cooficialidae co castelán, a consideración do galego como lingua propia, as accións positivas a prol do seu emprego e mais a non discriminación por mor da lingua.

En canto ao ditame do Consello Consultivo sobre o decreto para o plurilingüismo, a Xunta encargoulle á súa asesoría xurídica un informe sobre a legalidade do texto, especialmente no punto da consulta aos pais sobre a lingua en que se impartirán as aulas.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Real Academia Galega, Courel...