Será en setembro, segundo publica hoxe Xornal, cando vexa a luz a primeira referencia musical de Soso Audio. Trátase dunha canción de Emilio José de menos de dous minutos a medio camiño entre bossanova e a collage electrónica que será editada nun cilindro fonográfico similar ao que se gravaban a finais do século XIX. Despois virán os arousáns Diadermin e as viguesa Murmel. De cada un sacaranse tres edicións limitadas de 30 unidades. E para os que queiran escoitar estas gravacións deberá mercar un fonógrafo que ten un prezo de mercado entre os 500 e 600 euros.