O Festival de Ourense elixe dúas cintas españolas para abrir e pechar esta edición

A entrada as galas ten o un prezo simbólico de 2 euros

Fotograma de
Fotograma de "Buscando a Eimish", filme inaugural
Un drama sobre as intuicións e sobre o papel que xogano destino na vida das persoas será o filme encargado de abrir a 17 edición do Festival de Cine de Ourense. A cita que arrinca o vindeiro 2 de novembro na cidade das Burgas conta este ano cunha novidade, xa que por primeira vez na súa traxectoria se cobra a entrada as galas. Serán dous euros, unha cifra simbólica que pretende que a cidadanía colabore co financiamento do festival. Esta cinta inaugural, Buscando a Eimish, narra a viaxe de Lucas por Italia e Alemaña para poder entender o pasado da súa moza e poder recuperala. Outra cinta española, 12+1, una comedia metafísica de Chiqui Carabante será a encargada de pechar a edición. Trátase dunha comedia na que un grupo de persoas vagan polo deserto con intención espiritual que, despois de varios días dubidan se buscan a Deus ou á morte.

Coa cinta inaugural e de clausura, que manterá o formato de convidar a integrantes da produción á proxección, arrinca a edición máis controvertida do Festival de Cine de Ourense. Unha cita marcada este ano por factores extracinematográficos, como a saída da Deputación ourensá do Consorcio organizador da cita, que puxo en perigo a organización desta edición. Lastrada economicamente e logo dun período de recepción de material sensiblemente inferior (de 15 a 5 semanas), ao que se presentaron moi poucos traballos galegos, arrincará o vindeiro mes de novembro cunha seción oficial reducida á categoría de longametraxes. A cita, do 2 ao 11 de novembro.

A información do festival estará dispoñible no web, no blog oficial e na súa páxina en Facebook.