A antiga cadea da Coruña albergará unha mostra de cine en Súper 8

Mesas redondas, proxeccións e retrospectivas reflexionarán sobre o cine performativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A antiga cadea da Coruña albergará unha mostra de cine en Súper 8

Naceu para o mercado doméstico, para que os afeccionados captasen as súas celebracións familiares pero pronto quedou en desuso ata que caeu na man de cineastas e videoartistas que buscaban unha estética diferente ao vídeo. Agora todos eles teñen unha cita na Coruña. Será na Mostra de Cinema Periférico que se desenvolve do 3 ao 6 de xuño nun contorno moi especial, a antiga cadea que se estrea como recinto cultural e se acondicionará como sala de proxección e albergar distintas performances. Ciclos de películas, retrospectivas, mesas redondas e debates ao redor de distintas temáticas relacionas co cine performativo, expanded cinema, cine-ensaio ou cine documental conforman a programación desta atípica mostra. Luis Tosar e Oliver Laxe teñen confirmada a súa presenza a este contro que conta co apoio da Xunta, a Deputación, o CGAI, o ICAA e a Fundación Caixa Galicia.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, A Coruña, Oliver Laxe, Documental...