A antiga cadea da Coruña ensaia o seu posible uso cultural

Ata o domingo convértese na capital do cinema en formato Super 8

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un irmán do pintor surrealista Eugenio Granell estivo encerrado na antiga cadea da Coruña durante sete anos. Por iso, que unha rareza fílmica do surrealista galego abrise a primeira Mostra de Cinema Periférico dá conta do carácter simbólico deste encontro e tamén deste formato cinematográfico como é o Súper8. Ademais, a presenza de Óliver Laxe, chegado de Cannes onde recibiu o premio da crítica, así como as homenaxes a Ernesto Díaz Noriega e a Iván Zulueta reforzan a súa particularidade. “É a proposta máis orixinal de toda a programación do Xacobeo” apuntou Ignacio Santos, xerente do Xacobeo. A mostra estrea, ademais, o uso cultural dun edificio que está pendente a súa cesión ao concello por parte da Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias. Ata o domingo, proxeccións e obradoiros servirán de achegamento ás periferias do cinema, ese que se desenvolve por mor das novas tecnoloxías sen esquecer as tradicionais.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xacobeo, Cannes, Eugenio Fernández Granell

Claves

Conceptos
Lugares