O CGAI volve á exhibición programando cine feito por mulleres

Presenta a programación de setembro

11/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Fotograma de Retrato de una mujer de llamas.

A volta á exhibición a través de cine feito por e para mulleres protagoniza a nova tempada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI). Cine feito por e para mulleres en 20 sesións programadas durante o mes de setembro. A programación dá continuidade a ciclos adiados a pasada primavera ou incorporan novas achegas en colaboración cos festivais de Cans, Diversidarte e (S8) Mostra de Cinema Periférico. O ciclo Pioneiras do cine, a serie documental Women Make Film ou a sección Women make film son algúns dos eixos programáticos das vindeiras semanas. As entradas serán de balde e a capacidade da sala limítase ao 50 por cento.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Mulleres, CGAI, Documental...