O Teatro Principal e o CGAC organizan senllos ciclos de cinema

De cine e cine

| Santiago. Redaccíón | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As "Mulleres coraxe" son as protagonistas do ciclo de cinema que hoxe comeza no Teatro Principal de Santiago. Unha programación que continúa cos actos do día da muller. Por outra banda, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) dedicará, do 4 ó 6 de abril, un ciclo de cine ó cineasta Stanley Kubrick.

Mulleres coraxe

As mulleres son as protagonistas no ciclo de cinema que comeza hoxe no Teatro Principal. "Santitos" (Alejandro Springall), "Oleanna" (David Mamet) e "AImée e Jaguar" (Max Farbebock) son os encargados de botar a andar hoxe este ciclo. E xunto a este, péchase hoxe a programación especial que organizou o Departamento da Muller do Concello de Santiago. E faino coa proxección do filme "Nacional VII" de Jean-Pierre Sinapi.


Honras para Kubrick

O falecido cineasta Stanley Kubrick (1928-1999) será obxecto do ciclo de cinema que se realiza no CGAC. Un ciclo que se celebrará do 4 ó 6 de abril e no que se proxectarán "Lolita" (1962), "Barry Lindon" (1975) e "Eyes Wide Shut" (1999). Os filmes estarán comentados polo catedrático de historia do cine, Ángel Luís Hueso e o escritor Suso de Toro, que ofrecerán analizarán a súa obra dende un punto de vista artístico, literario e histórico.
Por outra banda, hoxe comeza o obradoiro que imparte a artista de "perfomances" Esther Ferrer. A artista volve ó CGAC onde xa estivera o decembro pasado co ciclo de performances "La acción y su huella".

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Teatro, Mulleres, Stanley Kubrick...