As cidades no cine son en moitas ocasións máis que escenarios nos que se desenvolve a acción. O ciclo "Visións da Cidade I" que organiza vindeira semana o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) pretende analizar o papel das urbes en diferentes produccións cinematográficas.
Análise
O ciclo, organizado polo Departamento de Actividades do CGAC está dirixido polo catedrático de Historia do Cine na Universidade de Santiago Ángel Luis Hueso. O encontro, que se desenvolverá entre os días tres e sete de xullo incluirá a proxección da películas "The third man", "Hiroshima mon amour", "Manhattan", "Caro Diario" e "West Beirut". Así verase como as cidades de Viena, Hiroshima, Nova York, Roma e Beirut actúan coma protagonistas das historias e o rol concreto de cada unha delas nas películas.
Películas
A primeira película que se poderá ver será "The third man", unha producción estadounidense de 1949 con guión de Graham Greene e Alexander Korda que retrata a Viena decadente de despois da Segunda Guerra Mundial. En "Manhattan" Woody Allen retrata esta zona de Nova York a finais dos anos sesenta cunha homenaxe ó jazz. "Hirosima mon amour" retrata esta cidade xaponesa desde o punto de vista de Alain Resnais, que nos presenta unha cidade destruida pola guerra e o medo e a desesperación dos seus habitantes. "West Beirut" tamén amosa unha cidade desolada na que tres adolescentes tentan vivir con normalidade a pesar da situación de guerra. En "Caro Diario" observamos Roma desde a persoal visión de Nani Moretti, amosando os lugares máis recónditos e menos coñecidos da cidade.
Inscripción e duración
A inscripción poderá formalizarse ata o vindeiro día tres de xullo, e o prezo é de mil cincocentas pesetas. As proxeccións realizaranse diariamente entre os días tres e sete de xullo ás nove da noite. O ciclo terá continuación en outubro.