Cultura convoca axudas para protección e difusión dos roteiros xacobeos

Poderán proporse accións de formación, divulgativas ou que teñan impacto visual directo nas vías

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As entidades privadas ou sen ánimo de lucro interesadas en desenvolver accións de conservación, protección ou difusión dalgún dos Camiños de Santiago, poden optar ás axudas que acaba de convocar a Consellaría de Cultura neste sentido. En total a convocatoria prevé repartir 295.000 euros, dos que cada solicitude poderá optar a un máximo de 3.000. Estes apoios cobren actuacións menores en bens inmobles sempre que estas teñan un impacto visual directo na ruta. Canda a isto, tamén se subsidiarán actividades de formación, publicidade ou difusión dos camiños.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves