Convocadas as axudas a promoción do talento audiovisual galego

Destínanse 300.000 euros a este fin

É a liña de subvencións destinadas a facer que agromen novos creadores audiovisuais en Galicia, así como promover o uso de novas estéticas narrativas ou experimentais. Hoxe sae no DOG unha nova convocatoria desta liña de axudas para a escrita individual de guións, a realización de curtametraxes dixitais e/ou experimentais, así como longametraxes dixitais. Os particulares pódense presentar a esta liña de axudas que ten un orzamento de 300.000 euros.

Subvencións á promoción e desenvolvemento do talento audiovisual.