Ata 270.000 euros dedicará en 2024 a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia a unha nova liña de axudas dirixida a apoiar a escrita de guións de ficción e animación, que teñan como destino a produción de longametraxes cinematográficas ou series para televisión. Esta convocatoria en concorrencia competitiva ven de abrirse hoxe coa publicación das bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia. Anteriormente AGADIC incluÃa as subvencións para a escrita de guións dentro da convocatoria de Axudas a Promoción do Talento Audiovisual, dedicando na convocatoria deste ano 2023, ata 30.000 euros á escrita de guións. A actual liña para 2024 multiplica por nove esta cifra e por cinco os resultados previstos en canto a número de guións subvencionados.
Trátase dunha das actuacións vinculadas ao Plan de impulso ao sector audiovisual "España, Hub audiovisual de Europa" do Goberno do Estado, que ten o reto de incrementar a produción audiovisual nun 30 por cento para o ano 2025. En virtude do acordado no Pleno da Conferencia Sectorial de Cultura o director xeral do Instituto da CinematografÃa e das Artes Audiovisuais asinou a resolución pola que se transfiren os créditos ás CC.AA. destinados á xestión das axudas á escritura de guións e desenvolvemento de proxectos audiovisuais no ano 2023. Con esa base orzamentaria finalista a Axencia Galega das Industrias Culturais presenta esta liña nova ao considerar necesario afondar no impulso á creación de contidos audiovisuais de calidade que permitan a excelencia dos produtos culturais galegos na procura de poñer en valor a cultura galega, a nosa lingua e a imaxe de Galicia alén do noso territorio, segundo consta na exposición de motivos. As axudas, segundo as bases, divÃdense en dúas modalidades, sendo a que conta cunha partida meirande (200.000 euros) a dedicada a profesionais autónomos acreditados como guionistas, prevista para chegar ata 20 proxectos de guión cun máximo de 10.000 euros por cada un. Mentres, os proxectos de guión asinados por novos creadores con pouca experiencia reciben no reparto o resto da partida (70.000 euros) podendo acadar axudas máximas de 7.000 euros por proxecto. En total ao abeiro desta nova liña poden impulsarse ata 30 guións audiovisuais diferentes que sirvan de base a outras tantas producións nos vindeiros anos.