Alberto Varela Ferreiro publica unha BD histórica

1809. A rebelión Neria narra o alzamento da Costa da Morte contra os franceses

Primeira páxina de <i>1809. A rebelión Neria</i>
Primeira páxina de 1809. A rebelión Neria
A Asociación Neria acaba de tirar do prelo 1809. A rebelión Neria, un álbum de banda deseñada que narra en 48 páxinas a revolta dos habitantes da Costa da Morte contra a invasión napoleónica. O veterán ilustrador Alberto Varela Ferreiro volta logo de anos á novena arte con esta obra a toda cor e que segue o estilo da liña clara. En total tiráronse 8.000 exemplares deste volume, que se distribuirán en diferentes centros de ensino da comarca. Ao longo das vindeiras semanas realizaranse sucesivas presentacións en localidades da zona.