Os tres grupos parlamentarios piden que a obra de Castelao se declare BIC

Coincidiron tamén en instar á Xunta a editar compendios coa súa obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

É a figura máxima de protección para o patrimonio e os tres grupos parlamentarios coincidiron en que a obra de Castelao debera ser declarada Ben de Interese Cultural. Canda esta proposta dos nacionalistas, os outros grupos que conforman o arco parlamentario tamén se sumaron á iniciativa de pedirlle á Xunta que xestione coa Deputación e co Museo de Pontevedra para que se expoñan os fondos do autor que albergan; así como a edición de compendios “en coordinación coas editoriais” para dar a coñecer a obra gráfica, literaria e ensaística e Castelao.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ben de Interese Cultural, ARCO, Museo de Pontevedra

Claves

Protagonistas
Lugares