Os centros cívicos da Coruña crean un grupo de teatro afeccionado

Para promover a arte dramática, tamén haberá representacións e obradoiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ter máis de 18 anos e comprometerse a asistir aos ensaios e as representacións no caso de ser elexido no cásting que terá lugar o vindeiro 14 de abril. Estes son os requisitos para facer parte da compañía veciñal de teatro dos centros cívicos da Coruña que promove o concello. A formación estará dirixida por Víctor Díaz Barús e a montaxe de presentación é O concerto de San Ovidio do dramaturgo Antonio Buero Vallejo. Canda esta actividade, o concello tamén promove un obradoiro de arte dramática para nenos entre 6 e 12 anos, así como un ciclo de representacións para público infantil que terán lugar nos centros cívicos.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Obradoiro

Claves

Conceptos
Lugares