A arte urbana protagoniza un museo efémero na Coruña

O MUAU desenvolverá a súa actividade entre o 6 de abril e o 27 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Exposicións, intervencións, foros de debate e obradoiros son algunhas das propostas ás que terán acceso os coruñeses do marco do Museo Urbano de Arte Urbana. Este centro efémero pretende desenvolver actividades para dar a coñecer as últimas tendencias de arte na rúa, como a exposición Posgraffiti, xeometría e abstracción. Ademais, o Fórum Metropolitano acollerá cada xoves de abril, a partir do día oito, as Xornadas de Arte Urbana, na que coñecidos creadores neste campo achegarán a súa experiencia. A proposta parte de Deica Management e conta co apoio do Concello, da Deputación e de Caixa Galicia.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un museo para a rúa

Un museo para a rúa

O Museo Urbano do Arte Urbana quere dar a coñecer este tipo de creacións desde A Coruña

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arte urbana, A Coruña, Exposicións, Caixa Galicia...