A segunda edición do Muau arrinca en internet cun documental

O festival de arte urbano mudou no calendario ata o mes de setembro

25/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte

Tratábase dunha experiencia pioneira, un museo efémero centrado na arte urbana que, á súa vez, pretendía ser a semente dun centro estable especializado nese ámbito. Chamábase MUAU e este ano contará cunha segunda edición. Será en setembro, despois de trasladar a cita no calendario desde o mes de abril onde estaba instalado, e acaba de quentar motores coa presentación do tráiler dun documental que recolle a súa primeira experiencia. O documental, que se presentará nos vindeiros meses, complétase coa exposición internacional de arte urbana Postgraffitti, Xeografía e abstracción e as actuacións musicais que tiveron lugar baixo a nomenclatura de MUAu 12.0.

Do mesmo ámbito

13/04/2010

Un museo para a rúa

O Museo Urbano do Arte Urbana quere dar a coñecer este tipo de creacións desde A Coruña

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Arte urbana, Internet, Xeografía...