O pasado catro de febreiro chegaba á rede o sétimo e derradeiro capÃtulo de Museo a ceo aberto. Esta serie documental amosa o traballo de artistas e colectivos que promoven eventos de referencia no paÃs no campo da arte urbana. A través das súas propias palabras coñécense as peculiaridades das diferentes disciplinas vencelladas a este ámbito.
Cada un dos capÃtulos céntrase nun dos principais eventos do paÃs dedicados a este tipo de arte. O DesOrdes Creativas, as Meninas de Canido, o Rexenera Fest, a iniciativa Vigo, cidade da cultura urbana, o Cromático Mural Fest, o Delas Fest e mais a cita Urban Cores & Culturban de Lugo serven de fÃo a cadansúa entrega, de arredor de vinte minutos. A estas súmase un capÃtulo introdutorio a presentar a serie.
O proxecto, que iniciou a súa publicación o pasado mes de novembro, foi desenvolvido pola cooperativa O Cable Inglés ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.