O Festival Isto Ferve potencia a creación contemporánea con catro estreas

A danza e o teatro teñen unha cita en Vigo do 26 de marzo ao 2 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Espectáculo "Caso perdido" da Compañía 360º+1

Espectáculo "Caso perdido" da Compañía 360º+1

Cinco espectáculos no cartel e catro estreas absolutas. A programación do festival Isto Ferve 10 fai forzas de flaqueza, este ano a consellaría de Cultura retiroulles os 8.000 euros de subvención, para presentar un encontro fiel ás súas liñas de programación habitual: a estrea da obra da compañía residente e organizadora (este ano Cía.Teatro Ensalle presenta La Maleza) e achegando a creación fronteiriza entre a danza e o teatro. Os mexicanos Cía. 360º+1 son os encargados de abrir este venres unha nova edición do festival cunha proposta coreográfica que reflexiona sobre a manipulación das imaxes. No cartel destaca tamén o doblete de Estela Lloves que como compañía Arraiana presentará knochemblume, e xunto coa arxelí Tania Arias desenvolverá Alicia en Grusian Project.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Vigo, Teatro Ensalle

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares