As novas linguaxes da danza e o teatro centran a décima edición do Isto Ferve

A estrea de Nunca debimos empezar por aquí abre a programación deste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:
Imaxe do espectáculo No deberíamos salir nunca de aquí

Imaxe do espectáculo No deberíamos salir nunca de aquí

O vindeiro 4 de abril arrinca en Vigo unha nova edición do Isto Ferve, o festival organizado pola sala Teatro Ensalle que segue fiel á súa liña de creacion arriscada e experimental. Faino coa estrea de Nunca debimos empezar por aquí, que ademais abre a programación de primavera da sala e na que reflexiona sobre a acción, repetición, a relación cos demais e a realización persoal. Teatro de Ningures presenta no festival a súa última montaxe Pegadas na que Casilda Alfaro se pon na pel de diferentes personaxes. Segundo publica Faro de Vigo o apartado de danza está protagonizado por Provisional Danza e a súa obra Tell me(11, 12 e 13 de abril). A compañía residente Pisando Ovos ofrecerá Momento Blooming (24 e 25 de maio) mentres que Rut Balvís e Cristina Montero pechan a programación do encontro con Momento Blooming.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Teatro de Ningures, Faro de Vigo...