Teatro Ensalle estrea Antes de que llegue la bestia

A montaxe abre a programación do festival Isto ferve en Vigo o 13 de febreiro

11/2/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
21 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe promocional de Antes de que llegue la bestia. Fonte: Teatro Ensalle

A compañía Ensalle estrea este 13 de febreiro en Vigo a súa última montaxe. Antes de que llegue la bestia é unha proposta contemporánea que xorde do proxecto de investigación escénica Canchales. O colectivo audiovisual Terrorismo de autor, o bailarín Sergi Fäustino e mais Antoine Forgeron, creador escénico, iluminador, técnico de escena e director técnico, colaboraron para desenvolver esta iniciativa. Na obra abórdase "como está construído o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar a Besta, como podemos destruír a evidencia. Bailar a golpes, militar palabras, a acción como rastro do posible, camiñar igual de fronte que de costas, ouvear". Raquel Hernández, Artús Rey e Pedro Fresneda, que tamén dirixe, levan a obra a escena.
A obra, que se poderá ver ata o vindeiro 16 de febreiro, abre a programación do festival Isto Ferve, que continuará coas obras Schumann Amateur, de Rubén Ramos Nogueira (21 a 23 de febreiro), Fäustino VI o 126 caballos de Sergi Fäustino (28 de febreiro a 1 de marzo) e mais con Vida y materia / Entreactos / Poemas lentos de Magrinyana e de Antonio Fernández Lera (entre o 6 e o 8 de marzo).

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Entidades
Conceptos
Lugares