Teatro Ensalle leva a súa última obra, Miniaturas, de xira por México

Son once citas que se prolongarán ata o 8 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Teatro Ensalle leva a súa última obra, Miniaturas, de xira por México

É unha montaxe, a décimocuarta de Teatro Ensalle, que pon en cuestión o que normalmente se acepta como realidade indiscutible. Olla desde o lado contrario cunha linguaxe fiel ao estilo de Teatro Ensalle, innovadores, poñendo o acento na dramaturxia do movimento. Agora, a compañía está en México nunha xira que contempla once función entre festivais (o de Teatro Nuevo León en Monterrey ou o de Siguientescena) e centros culturais. A produción do espectáculo foi apoiado polo Fondo Nacional para a Cultura e as Artes e contou a maiores cun micromecenado a través de Verkami para financiar os dosieres, programas de man e montaxe do dvd. A dirección é de Pedro Fresneda e os actores son Raquel Hernández, Artus Rey e Jorge Rúa.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Ensalle, México, Espectáculo...

Claves

Entidades
Lugares