Un congreso e unha exposición abren o Ano Seoane

Preténdese achegar facetas descoñecidas do poliédrico creador

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

Fixo cubertas para obras de Jean Paul Sarte e Álvaro Cunqueiro, escribiuse con personalidades como Dieste, Lorca, Unamuno... e, como apuntou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, “Luis Seoane e Castelao son as dúas figuras máis destacadas da Galicia do século XX”. Por iso, tanto o CCG como a Fundación que leva o seu nome aproveitaron o centenario do seu nacemento para ofrecer unha serie de actividades que pretenden “fuxir da imaxe máis estereotipada de Seoane e abrir cara o público o seu inmenso legado”. O inicio das actividades deste poliédrico creador comezarán o vindeiro 6 abril cun congreso internacional que leva por titulo “Luis Seoane. Galicia-Arxentina: Uunha nova cidadanía”. Unha actividade que comezará en Santiago e rematará na Coruña onde se abrirá unha exposición que fará unha relectura de todo o seu leigado e descubrirá facetas novas do seu traballo.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O activista atlántico

O activista atlántico

O traballo de Luís Seoane deixou unha fonda pegada tanto en Galicia como en Arxentina

Na procura dun símbolo

Na procura dun símbolo

Un congreso achegarase á faceta menos coñecida do polifacético Luís Seoane

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Ramón Villares, Castelao, Lorca...